Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 26 de abril de 2002 Páx. 5.914

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador P-P-2001/068 e dous máis (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás personas que no anexo se mencionan, as resolución dos ditos expedientes, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial en Galicia.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fora presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, en Caixa Galicia conforme os impresos que se xuntan. De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

3. O rescate do comisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse, logo de pagamento da contía total da sanción e indmenización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 12 de marzo de 2002.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-P-2001/068.

Denunciado: Alberto González Alonso. San Pedro Ramallosa-Nigrán.

DNI: 36067618.

Feitos denunciados: entorpece-la servidume de paso pola marxe establecida en beneficio de vixilancia

ou para uso dos pescadores, ó caron do antigo matadoiro municipal colocaron unha columna de formigón a 50 cm do canle e unha baia de troncos de madeira cunha tea de rede ó longo do río uns 20 metros que entorpecen totalmente o paso. Feitos denunciados ás 10 horas do día 26 de abril de 2001, no río Groba, ó seu paso por Marroco-Belesar no concello de Baiona.

Data do acordo da incoación: 20-6-2001.

Data da proposta de resolución: 18-10-2001.

Proposta: Sancionar a Alberto González Alonso con multa de 300,51 euros.

Alegacións á proposta: non presenta escrito no seu descargo.

Feitos probados: entorpece-la servidume de paso nun tramo do río Groba.

Precepto infrinxido: 34.27º da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Precepto sancionador: 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Circunstancias concorrentes: non se aprecian.

Sanción: 300,51 euros.

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca e para o exercicio da dita actividade durante un período dun ano.

Expediente: P-P-2001/071.

Denunciado: Santiago Villar Brandariz. Hórreo, 24, 4º A, Santiago de Compostela.

DNI: 35297126.

Feitos denunciados: pescar con cana e o cebo dentro da auga, modalidade de pluma nun tramo vedado do río Deza, ás 21,50 horas do día 5 de maio de 2001, no río Deza-Ulla ó seu paso por Ponte Cira, no concello de Silleda.

Data do acordo da incoación: 20-6-2001.

Data da proposta de resolución: 18-10-2001.

Proposta: sancionar a Santiago Villar Brandariz, con multa de 120,20 euros.

Alegacións á proposta: non presenta escrito no seu descargo.

Feitos probados: pescar en tramo vedado do río Deza.

Precepto infrinxido: 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia, en relación co anexo I da Orde do 20-1-2000, pola que se fixan as normas xerais de pesca nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia e co artigo 3 da Orde do 15-2-2001, pola que se fixan os períodos hábiles de pesca e normas relacionadas con ela nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia durante a temporada de 2001.

Precepto sancionador: 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Circunstancias concorrentes: non se aprecian.

Sanción: 120,20 euros.

Expediente: P-P-2001/077.

Denunciado: Antonio Ruano Quesada. El Carmen, 7-1º esqda., Baracaldo-Biscaia.

DNI: 22709479.

Feitos denunciados: pescar en tramo vedado de pesca, negándose a entrega-las artes de pesca, ás 12.48 do día 6 de maio de 2001, no río Deza ó seu paso por Cira no concello de Silleda.

Data do acordo da incoación: 26-6-2001.

Data da proposta de resolución: 10-10-2001.

Proposta: sancionar a Antonio Ruano Quesada con multa de 390,66 euros.

Alegacións á proposta: non presenta escrito no seu descargo.

Feitos probados: pescar en tramo vedado de pesca no río Deza.

Precepto infrinxido: 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial en relación co anexo II da Orde do 15-2-2001, pola que se fixan os períodos hábiles de pesca e normas relacionadas con ela nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia durante a temporada de 2001 e o artigo 91.19º do Decreto 130/1997, do 14 de maio, pola que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais.

Precepto sancionador: 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Circunstancias concurrintes: non se aprecian.

Sanción: 390,66 euros.

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca e para o exercicio da dita actividade durante un período dun ano.