Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 26 de abril de 2002 Páx. 5.914

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador P-P-2001/134 e outro máis (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles, ás persoas que no anexo se mencionan, as propostas de resolución, dictadas pola instructora nos expedientes que, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia, se están tramitando nesta delegación.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5º planta, e presenta-las alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 12 de marzo de 2002.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-P-2001/134.

Denunciado: Alfredo Urrabieta Calvo-Doutor Loureiro Crespo, 41 de Pontevedra.

DNI: 31141453.

Feitos denunciados: pescar con máis artes das autorizadas 2 canas e 2 liñas de man. Pesca desde embarcación ó curricán, negándose á súa identificación polo que foi preciso a presencia da Policía autonómica, facendo caso omiso da chamada dos axentes. Feitos acontecidos ás 8.15 horas do día 29 de xuño de 2001, no río Lérez-intermareal, Monte Porreiro, no concello de Pontevedra.

Data do acordo de incoación: 6 de setembro de 2001.

Alegacións ó acordo de incoación: non presenta.

Data da proposta: 25-1-2002.

Precepto infrinxido: artigo 33.4º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia, en relación co artigo 51 do Decreto 130/1997, polo que se aproba o regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais.

Precepto sancionador: artigo 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 8.000 pesetas (48,08 euros).

Expediente: P-P-2001/142.

Denunciado: Antonio Pereira Mendes- Torneiros fase, 3 bloque, 4 Ptal. 7 baixo A-O Porriño.

DNI: X-0580249.

Feitos denunciados: pescar sen levar consigo a licencia de pesca ás 18.15 horas do día 8 de xullo de 2001, na lagoa das Barreiras, lugar de Pontellas-Centeáns, no concello do Porriño.

Data do acordo de incoación: 7-setembro-2001.

Escrito de alegacións ó acordo de incoación: non presenta.

Data da proposta de resolución: 25-1-2002.

Precepto infrinxido: artigo 33.1º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 2.000 pesetas (12,02 euros).