Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 26 de abril de 2002 Páx. 5.909

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación do acordo de iniciación do expediente sancionador PO-64/2002, por infracción en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que a seguir se relaciona, á que non se lle puido informar por correo certificado, os acordos de iniciación dictados nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase a seguir:

Nome: Escarabello, S.L.

DNI/NIF: B-36237196.

Nº expediente: PO-64/2002.

Precepto infrinxido: 26-e) LO 1/1992.

Último domicilio: Eidos, 12. Guillarei. 36720-Tui.

Multa máxima: ata 300,51 A.

Desígnase instructora do expediente a Yolanda Pena Gayo, que poderá ser recusada en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992 (BOE do 27 de novembro).

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente no Servicio de Interior, Sección de Xogo, Asociacións e Espectáculos desta delegación provincial, e para achegar cantas alegacións, documentos, informacións ou probas, considere convenientes na defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como o establece o artigo 13.d) do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto.

Será competente para a imposición da sanción o delegado provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais en Pontevedra, segundo o establecido na Orde do 26 de setembro de 1996, da citada consellería (DOG do 30 de setembro).

Pontevedra, 9 de abril de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra