Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 26 de abril de 2002 Páx. 5.909

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación dos estatutos da Federación de Químicas e Enerxía da Confederación Intersindical Galega (CIG-Q.E.).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou o día 27 de marzo de 2002 a acta do III congreso da Federación de Químicas e Enerxía da Confederación Intersindical Galega (CIG-Q.E.), celebrado en Teo o 9 de marzo de 2002, na que se reflicten as modificacións estatutarias aprobadas no devandito congreso, e que consisten na modificación de diversos artigos dos estatutos.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2002.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais