Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 26 de abril de 2002 Páx. 5.909

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso público e trámite de urxencia, para a subministración de material destinado ó Plan de Salvamento en Praias de Galicia.

En cumprimento do disposto nos artigos 78 e 180 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, que aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e conforme o modelo establecido polo Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da dita lei, publicado no Boletín Oficial del Estado nº 70, do 21

de marzo, publícase o seguinte anuncio de licitación para a contratación da subministración de material destinado ó Plan de Salvamento en Praias de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de material destinado ó Plan de Salvamento en Praias de Galicia.

b) División por lotes e número: non leva.

c) Lugar de entrega: o que indique a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

d) Prazo de entrega: é o sinalado no punto E do cadro de características do prego de cláusulas administrativas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

c) Procedemento: aberto.

d) Forma: concurso público.

Este expediente de contratación tramítase como expediente anticipado de gasto, e a súa adxudicación queda sometida á condición suspensiva de existencia de crédito adecuado e suficiente.

4. Orzamento base da licitación.

Importe total: 218.000 euros, IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisional: 4.360 euros.

b) Definitiva: 4 % do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 3º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfonos: 981 54 45 17/54 60 23.

e) Telefax: 981 54 46 96.

f) Así mesno, tamén se poderá obte-los pregos relativos a esta contratación na seguiente dirección da Internet: http://www.xunta.es/contratacion.

g) Data límite para obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación das ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Poderán presentarse a este concurso e formula-las conseguintes proposicións, con suxeición ás cláusulas deste prego e ó de condicións técnicas, as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou

extranxeiras, que, tendo plena capacidade de obrar, non estean comprendidas nalgunha das circunstancias enumeradas no artigo 20 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, que aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas e tamén no artigo 23 cando se trate de empresas extranxeiras non comunitarias.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite da presentación: o prazo empezará o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o oitavo día natural, ás 14 horas, a no ser que o último día fose sábado ou inhábil, nese caso prorrogarase o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación a presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:.

-Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

-Domicilio: edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 3º andar.

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Lugar: sala de xuntas da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15771.

d) Data: terá lugar o décimo día natural seguinte ó de remate do prazo de presentación das ofertas; no caso de cadrar en sábado ou inhabil, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

e) Hora: 9 horas.

10. Gastos do anuncio: será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2002.

María José Cimadevila Cea

Secretaria xeral da Consellería de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais