Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 26 de abril de 2002 Páx. 5.889

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 9 de abril de 2002 pola que se resolve o concurso de méritos específico entre funcionarios de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas en niveis non universitarios, para cubrir postos de profesores en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Por Orde do 10 de decembro de 2001 (DOG do 28 de decembro) convocábase concurso de méritos específico entre funcionarios de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas en niveis non universitarios, para cubrir postos de profesores en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Unha vez cumpridos os requisitos legais e transcorridos os prazos establecidos e, de acordo coa proposta efectuada pola comisión de selección prevista no artigo 10 da citada orde, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

1º Nomear, en réxime de comisión de servicios, para cubri-las prazas indicadas, os funcionarios e funcionarias docentes que se relacionan no anexo I desta orde.

2º Esta comisión de servicios será polo período que se especifica no artigo 12 da orde de convocatoria.

3º O convenio o que alude a orde de convocatoria é o subscrito coa Consellería de Medio Ambiente.

4º Os funcionarios e funcionarias docentes seleccionados pola presente orde quedarán adscritos ós seus postos correspondentes a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no DOG.

5º Contra esta orde, os interesados ou interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG. De non considerar oportuna a interposición do citado recurso, poderase formular directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, conforme se establece nos capítulos II e III da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

Prazas de funcionarios docentes en réxime de

comisión de servicios na Consellería de

Medio Ambiente

Aspirantes seleccionadas:

-Ratón Castedo, Alicia.-Santa María Otero, Inés.