Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 26 de abril de 2002 Páx. 5.889

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 15 de abril de 2002 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión de cargo directivo pertencente á estructura organizativa do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo.

De conformidade co artigo 7 do Decreto 97/2001, do 22 de marzo (DOG nº 93, do 15 de maio), de regulación básica dos órganos de dirección, asesoramento, calidade e participación das institucións hospitalarias do Servicio Galego de Saúde, no exercicio das competencias que ten atribuídas,

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, a praza que se indica no anexo desta orde, pertencente á estructura organizativa do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes.

Segundo.-Poderán concorrer a ela os interesados que, para esa praza, reúnan os requisitos previstos no devandito Decreto 97/2001, do 22 de marzo.

Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria poderán presentarse no rexistro xeral da

Consellería de Sanidade, no das súas delegacións provinciais ou en calquera das direccións provinciais do Sergas, ademais de nas oficinas previstas no artigo 38.4º da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados deberán presentar, xunto coa solicitude, un currículum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que nel aleguen, ademais de xustifica-los requisitos ós que se refire o punto segundo desta orde.

Cuarto.-Cumpridos os trámites previstos no dito decreto, a resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia, podéndose declarar deserto o cargo directivo ofertado.

Quinto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación. De non estima-la interposición deste recurso, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2002.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Praza: director médico.

Requisitos:-Posuír titulación superior.-Non encontrarse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas ou profesionais.