Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 26 de abril de 2002 Páx. 5.889

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2002, do tribunal II-B designado para cualifica-lo proceso selectivo para o acceso ás categorías 6 (educador) e 17 (asistente social) do grupo II do persoal laboral fixo da Administración da Xunta de Galicia convocadas pola Orde do 30 de xullo de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 20 de agosto), pola que se anula unha pregunta do primeiro exercicio (test) correspondente á categoría II-17 (asistente social).

Na sesión do día 24 de abril de 2002, o tribunal II-B adoptou o seguinte acordo:

Anula-la pregunta número 48 do cuestionario de acceso libre correspondente á categoría 17 (asistente social) do grupo II do persoal laboral fixo da Administración da Xunta de Galicia, por non ser correcta a súa formulación.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2002.

Loreto Díaz Sánchez

Presidenta do tribunal