Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 25 de abril de 2002 Páx. 5.851

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ROIS

EDICTO.

De acordo co disposto no artigo 6 do R.D. 896/1991, do 7 de xuño, procédese á publicación extractada das bases da convocatoria polas que se rexerán as probas selectivas para a provisión dunha praza de conserxe-operario incluída na oferta de emprego público de 2002, aprobadas por resolución da Alcaldía do 9 de abril de 2002. As ditas bases serán publicadas integramente no BOP e no taboleiro de edictos do concello.

1. Obxecto da convocatoria: provisión da praza incluída na oferta de emprego público de 2002 do Concello de Rois.

2. Natureza e contido da praza:

Persoal laboral fixo.

Asimilación: grupo E.

Denominación: conserxe operario.

Nº de vacantes: unha.

Sistema de provisión: libre.

Sistema de selección: concurso.

3. Probas:

a) Os servicios prestados na Administración local en postos de características similares ás da praza á que aspira en calidade de interino ou contratado laboral. A puntuación será de 0,10 puntos por cada mes traballado e a puntuación máxima que se pode outorgar por este epígrafe é de 4,00 puntos. Para determina-los meses traballados dividirase o total de días traballados a tempo completo entre 30, sen ter en conta os decimais. Para computa-lo tempo traballado a tempo parcial, dividirase o número de horas traballadas cada día entre 8, multiplicándose o resultado polo número de días traballados a tempo parcial.

b) Por cursos, xornadas ou seminarios impartidos polo Instituto Nacional da Administración Pública, Escola Galega de Administración Pública, a deputación provincial, ou calquera outro organismo oficial competente para impartilos, relacionados coas funcións de atención o público, protocolo e relacións públicas:

-Por cada curso, xornada ou seminario de 10 a 40 horas: 0,50 puntos.

-Por cada curso, xornada ou seminario de máis de 40 horas: 1,00 punto.

A puntuación máxima por este epígrafe non poderá exceder de 1,50 puntos.

c) Coñecemento do idioma galego:

c.1) Curso de iniciación á lingua galega: 0,50 puntos.

c.2) Curso de perfeccionamento da lingua galega: 1,00 punto.

A puntuación máxima que se pode acadar por este epígrafe é de 1,00 punto.

d) Memoria. Cada aspirante deberá confeccionar unha memoria na que analice as tarefas do posto, as condicións e os medios necesarios para o seu desempeño ó xuízo do candidato.

A puntuación máxima que se pode obter por este epígrafe é de 2,50 puntos.

e) Entrevista persoal: na entrevista persoal o tribunal formulará a cada aspirante cuestións relacionadas cos méritos alegados e coa memoria presentada. A puntuación máxima que se pode alcanzar por este epígrafe é de 1,00 punto.

Os méritos serán avaliados de conformidade coa documentación que acheguen os aspirantes ó presenta-la solicitude de admisión ás probas.

A puntuación final e a orde de cualificación dos aspirantes aprobados virá dada pola suma das puntuacións obtidas no conxunto das probas.

Rois, 9 de abril de 2002.

Carlos Ares Villar

Alcalde-presidente en funcións