Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 25 de abril de 2002 Páx. 5.851

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización da unidade de actuación número 12 do PXOU-San Amaro.

A Comisión de Goberno, en sesión de 9-4-2002 aprobou, con carácter inicial, o Proxecto de Urbanización da Unidade de Actuación nº 12 do Plan Xeral Municipal de Ordenación Urbana-San Amaro, visado pola delegación en Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) en data 29-5-2001 e planos números 8, 16 e o de detalles eliminación de barreiras arquitectónicas e memoria

de seguridade e saúde, con data de visado colexial de 14-12-2001, anulando e substituíndo os seus correlativos anteriores, documentación toda ela redactada pola arquitecta Teresa Táboas Veleiro, promovido, mediante iniciativa particular, por Bernardo López Abadín, representado pola entidade mercantil Talcovi Promociones, S.L., dispoñéndose o seu sometemento á información pública.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar no Servicio de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico (rúa Churruchaos, nº 2, desta cidade) a documentación inicialmente aprobada, e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 19 de abril de 2002.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo

e Medio Ambiente

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral