Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 25 de abril de 2002 Páx. 5.851

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan Especial de Reforma Interior da unidade de actuación número 13 do PXOU-Pedra do Lagarto.

A Comisión de Goberno, en sesión do 11-3-2002, prestou aprobación, con carácter inicial, ó Plan Especial de Reforma Interior da unidade de actuación número 13 do PXOU/Pedra do Lagarto, formulado mediante iniciativa particular por Eugenio Sobral Fernández, actuando en nome e representación de María Cruz Martínez Martínez e herdeiros de Prudencia Landín Carrasco, e de Antonio Barreiro Soto, actuando en nome e representación das entidades mercantís Marco A04, S.L. e A. Barreiro Soto, S.L., instrumento urbanístico visado pola Delegación en Pontevedra do COAG con data do 23-1-2002, redactado polo arquitecto Isidoro Callejo Rey.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, poderá examinarse o expediente no Servicio Municipal de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico (rúa Churruchaos, nº 2 desta cidade), e formularse as alegacións procedentes, servindo tamén este anuncio de notificación, ó abeiro do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, para tódolos propietarios ou interesados no procedemento directamente afectados que non poidan ser notificados individualmente ben por descoñecidos ou porque se ignore o lugar de notificación, enderezo, medio, ou, tentada a notificación, non se puidese practicar.

Pontevedra, 8 de abril de 2002.

Cesáreo Mosquera Lorenzo

Alcalde accidental

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral