Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 25 de abril de 2002 Páx. 5.850

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Nigrán; expte. nº 2002031C.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: rede de abastecemento de auga nas rúas Padres Franciscanos e Lameira.

Prazo de execución (meses): 2.

3. Tramitación: ordinaria; procedemento: aberto; forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 72.117,34 euros.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información no Concello de Nigrán; praza da Constitución 1, 36350 Nigrán (Pontevedra). Teléfono: 986 365000; fax: 986 383931, ata o remate do prazo de presentación de propostas.

7. Requisitos específicos do contratista. Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría C.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais seguintes ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de condicións.

c) Lugar de presentación: no rexistro do Concello de Nigrán, ou mediante outros sistemas admitidos pola lexislación vixente, na forma prevista no prego de condicións.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa ofertas (concurso): 3 meses.

e) Admisión de variantes (concurso): de acordo co prego de condicións.

9. Apertura das proposicións económicas: na Casa do Concello de Nigrán, ás trece horas do cuarto día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de ofertas. Se coincidise en sábado, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Nigrán, 21 de marzo de 2002.

José Manuel Rial Cadaval

Alcalde