Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 25 de abril de 2002 Páx. 5.850

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD-7/2001).

O Pleno do Concello, en sesión realizada o día 11 de marzo de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro: aprobar definitivamente o estudio de detalle presentado por Urbanizacións Xerais, S.L., para o establecemento de rasantes dos espacios públicos e acceso ós aparcadoiros que se van realizar no subsolo viario VL-E6.01 e no subsolo de parte do sector S-2, coas seguintes condicións:

* A distancia vertical ou resgardo entre a rasante da praza pública e a cara superior do forxado do primeiro soto debe ser en todo punto igual ou superior a 70 centímetros coa finalidade de que se poidan situar neste espacio tódalas infraestructuras necesarias para o uso público da praza, tales como recolla de augas pluviais, iluminación pública, axardinamento e rega automática.

* Presentarase o documento de urbanización necesario, no cal se indique como se urbaniza o espacio público situado sobre este aparcadoiro.

Segundo: notificar a Urbanizacións Xerais, S.L.

Terceiro: proceder á publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Cuarto: comunica-lo presente acordo ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dando traslado do expediente administrativo e de dous exemplares do documento, en cumprimento do artigo 48.3º da LSG.

Quinto: contra o anterior acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación ou, se é o caso, a publicación, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición o

prazo para interpo-lo contencioso administrativo será de dous meses contados do día seguinte á notificación ou, noutro caso, o de seis meses contados desde a desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

O que se publica para xeral coñecemento e para produci-los efectos previstos neste acordo.

A Coruña, 13 de marzo de 2002.

Salvador Fernández Moreda

Conselleiro delegado de Urbanismo