Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 25 de abril de 2002 Páx. 5.849

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIRO

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria realizada o día 8 de abril de 2002, aprobou definitivamente o proxecto de reparcelación do polígono Espadañal 1, delimitado polos eixes das rúas nº 16 e 17 polo límite norte (rúa nº 6) e límite sur (paseo marítimo correspondente ó ambito da modificación puntual de Barraña, aprobado polo Concello Pleno en sesión extraordinaria realizada o día 20 de xuño de 2001).

Contra o anterior acordo de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, tal como dispón o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da dita xurisdicción.

Con carácter previo e potestativo poderá, non obstante, interpoñerse recurso de reposición ante a mesma Administración municipal, conforme dispoñen os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común en relación co artigo 52.1º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó de publicación deste anuncio no DOG.

Boiro, 9 de abril de 2002.

Jesús Alonso Fernández

Alcalde-presidente