Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 25 de abril de 2002 Páx. 5.852

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2002 pola que se anuncia o concurso para o mantemento e conservación de vías públicas municipais.

Obxecto do contrato: é a conservación e mantemento das vías públicas do municipio de conformidade co proxecto elaborado polo Servicio de Proxectos e Obras do Concello.

Tipo de licitación: 601,012 A IVE incluído.

Duración do contrato: non é posible fixa-lo prazo máximo de execución, se ben as obras comezarán dentro dos 15 días seguintes á sinatura da acta de comprobación do replanteo.

Clasificación do contratista: A1, A2, C4, C5, C6, G6, todos en categoría d.

Forma de adxudicación: concursos por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral de entrada do Concello de Santiago de Compostela, en horas de 9 a 14, dentro do prazo de vinteseis días naturais, contados desde o día seguinte á da data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Documentación: información: Concello de Santiago de Compostela. (Departamento de Contratación-Servicios) Telefonos: 981 543033. Fax: 981 577627.

Documentación: Copy Nova, r/ Nova de Abaixo, nº 12 local 4. Teléfono 981 592393.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no epígrafe Criterios de Adxudicación do prego de cláusulas administrativas.

Garantías: provisional: non se esixe; definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na Casa do Concello (secretaría) ás 12 horas, o segundo día hábil seguinte, non sábado, á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2002.

Rubricado

O alcalde