Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 25 de abril de 2002 Páx. 5.834

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se fai pública a resolución pola que se declara deserto o concurso público convocado para a contratación das obras de construcción dun novo edificio para sede dos xulgados de Carballo (A Coruña).

Para os efectos da súa publicidade, o órgano competente da Consellería de Xustiza, Interior e Relación Laborais, resolveu declarar deserto por falta de licitadores o concurso público, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación das obras de construcción dun novo edificio para sede dos xulgados de Carballo (A Coruña), convocado no DOG nº 37, do 20 de febreiro de 2002.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2002.

Mª José Cimadevila Cea

Secretaria xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE