Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 25 de abril de 2002 Páx. 5.834

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CÉDULA do 7 de marzo de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a resolución de desistencia das axudas á contratación indefinida do expediente administrativo FM 343B 01/771-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de desistencia da solicitude das axudas á contratación indefinida do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 10-5-2001 (DOG nº 97, do 22 de maio), publícase:

1º Expediente de procedemento: FM 343B 2001/771-5.

Orde de convocatoria: 10 de maio de 2001 (DOG nº 97, do 22 de maio).

Interesado: Tiendas Nicolás Hermanos, S.L.

Enderezo: Gregorio Espino, 52 ent., 36205 Vigo (Pontevedra).

Asunto: resolución por delegación do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude de data 28 de xaneiro de 2002, ó abeiro da Orde do 10-5-2001.

Resolución:

«Examinada a solicitude de axudas pola contratación indefinida de traballadores, presentada por Marcos Jiménez Suárez, en nome e representación de Tiendas Nicolás Hermanos, S.L., e tendo en conta os seguintes:

Antecedentes.

Primeiro: a solicitude foi presentada o 21-8-2001.

Segundo: o Servicio de Fomento o Emprego desta delegación provincial notificoulle ó interesado o 25-9-2001 o requirimento de emenda da súa solicitude.

Terceiro: o solicitante non achegou a documentación requirida no prazo concedido.

Fundamentos.

Primeiro: a competencia desta delegación provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, para coñecer e resolve-la presente solicitude, vén determinada polo artigo 3 da Orde do 10-5-2001 (DOG do 22 de maio) pola que se regulan os programas de fomento da contratación e da estabilidade no emprego na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2001.

Segundo: artigo 5.1º da orde reguladora en relación cos artigos 71 e 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación, esta delegación provincial

ACORDA:

Declara-la desistencia da súa solicitude.

Notifíqueselle ó interesado esta resolución, que pon fin á vía administrativa e contra a que cabe formular recurso contencioso-administrativo, no pra

zo de dous meses desde o día seguinte ó da súa notificación, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, pode interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da súa notificación, ante esta delegación provincial, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 28 de xaneiro de 2002. P.D. Joaquín Macías Sánchez. Delegado provincial».

Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Fomento do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en Vigo.

Vigo, 7 de marzo de 2002.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra