Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 25 de abril de 2002 Páx. 5.833

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ANUNCIO do 3 de abril de 2002, da Dirección Xeral de Recursos Mariños, polo que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental para a posta en funcionamento dun criadoiro de moluscos en Couso, municipio de Ribeira (A Coruña).

Para os efectos previstos no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, sométese a información pública o estudio de impacto ambiental do establecemento que se describe:

-Tipo: criadoiro.

-Nome: Improcar de Carril, S.L.

-Actividade: cultivo de xuvenís.

-Especies: ameixa fina, babosa e xaponesa, ostra plana e rizada.

-Localización: Couso - A Graña, municipio de Ribeira (A Coruña).

-Superficie dominio público: 348 m.

-Solicitante: Improcar de Carril, S.L.. DNI/CIF: B 36341410.

O expediente, integrado polo estudio de impacto e a documentación complementaria, estará á disposición do público co fin de que calquera persoa física ou xurídica poida examinalo e achega-las alegacións e informacións que coide oportunas.

Prazo de exposición: trinta (30) días hábiles contados a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugares de exhibición:

1) Servicio de Acuicultura. Dirección Xeral de Recursos Mariños.

Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Rúa do Valiño 63-65.

15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

Horas: das 9 ás 14 horas.

2) Servicio de Recursos Mariños.

Delegación Territorial da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos na Coruña.

R/ Ramón y Cajal, nº 1.

Casa do Mar, 5ª planta.

15006 A Coruña.

Horas: das 9 ás 14 horas.

Prazo para formular alegacións: trinta (30) días hábiles contados a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2002.

Javier Pereiro Muñoz

Director xeral de Recursos Mariños

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS