Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 25 de abril de 2002 Páx. 5.805

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 19 de abril do 2002, do Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación, polo trámite de urxencia, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de acondicionamento da estrada PO-403, treito: A-52-Salvaterra de Miño, termos municipais de Ponteareas e Salvaterra de Miño (clave PO/99/69.1).

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras sinaladas no encabezamento desta resolución atópanse incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B construcción, conservación e explotación de estradas.

Con data do 26 de xuño de 2001, procédese á aprobación do proxecto de trazado das obras: acondicionamento da estrada PO-403, treito: A-52-Salvaterra de Miño, clave: PO/99/69.1, termos municipais de Ponteareas e Salvaterra de Miño, polo director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Con data do 27 de agosto de 2001, a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para as mencionadas obras por Decreto 212/2001, publicado no DOG nº 183, do 20 de setembro.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan nos lugares, datas e horas que se citan para procederen ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Casa da cultura do Concello de Salvaterra de Miño.

Día: 27 de maio de 2002.

Horario: 9.30 a 14 horas.

De: o predio nº 1001 ó predio nº 1065.

Día: 28 de maio de 2002.

Horario: 9.30 a 14 horas.

De: o predio nº 1066 ó predio nº 1130.

Día: 29 de maio de 2002.

Horario: 9.30 a 14 horas.

De: o predio nº 1131 ó predio nº 1195.

Día: 30 de maio de 2002.

Horario: 9.30 a 14 horas.

De: o predio nº 1196 ó predio nº 1260.

Día: 31 de maio de 2002.

Horario: 9.30 a 14 horas.

De: o predio nº 1261 ó predio nº 1325.

Día: 3 de xuño de 2002.

Horario: 9.30 a 14 horas.

De: o predio nº 1326 ó predio nº 1390.

Día: 4 de xuño de 2002.

Horario: 9.30 a 14 horas.

De: o predio nº 1391 ó predio nº 1455.

Día: 5 de xuño de 2002.

Horario: 9.30 a 14 horas.

De: o predio nº 1456 ó predio nº 1520.

Día: 6 de xuño de 2002.

Horario: 9.30 a 14 horas.

De: o predio nº 1521 ó último predio.

Casa do Concello de Ponteareas.

Día: 7 de xuño de 2002.

Horario: 9.30 a 14 horas.

De: o predio nº 001 ó predio nº 055.

Día: 10 de xuño de 2002.

Horario: 9.30 a 14 horas.

De: o predio nº 056 ó último predio.

A relación de titulares dos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente estarán expostas nos concellos de Ponteareas e Salvaterra de Miño, e no Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia de Pontevedra, na rúa Said Armesto nº 1, 36.001 Pontevedra.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuaren no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e último recibo da contribución, podendo acompañarse, pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo e no cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, para o fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia de Pontevedra, as alegacións que consideren pertinentes para o obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Pontevedra, 19 de abril de 2002.

Fausto Núñez Vilar

Enxeñeiro xefe do Servicio Provincial

de Estradas de Pontevedra