Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 25 de abril de 2002 Páx. 5.806

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 20 de marzo de 2002, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican as resolucións dictadas polo director xeral de Transportes, por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente OU-01778-O-2001).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo director xeral de Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles saber que as ditas resolucións non esgotan a vía administrativa, podendo interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da

presente cédula. Transcorridos tres meses desde a interposición do recurso sen que se notifique a súa resolución, entenderase desestimado e quedará expedita a vía procedente.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa, no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso, que debe de efectuar en calquera oficina do BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, clave 39001, e, de non facelo así, procederase ó seu cobro pola vía de constrinximento.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2002.

Carlos A. González Rodríguez

Subdirector xeral de Inspección de Transportes

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

OU-01778-O-2001

LU-8897-I

G.C. de tráfico

Óscar Mañanes Fernández

Estrada Irixo, 26-2º

32500 O Carballiño (Ourense)

Circular cun vehículo da 3ª categoría, realizando un transporte de táboas grandes de madeira, carecendo da tarxeta de transportes. Manifesta que lla recolleron porque estaba caducada.

22-5-2001; 12.30; A-52; 124

Artigo 90 da

Lei 16/1987 e

artigo 41 do

R.D. 1211/1990

Artigo 143 da

Lei 16/1987 e

artigo 201 do

R.D. 1211/1990

1.502,53 A

Precintado

do vehículo