Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 25 de abril de 2002 Páx. 5.803

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2002 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto, trámite de urxencia e tramitación anticipada, das asistencias técnicas de clave N/AC/91.3.3.2 e AC/99/52.1.

a) Asistencias técnicas.

1. Asistencia técnica para realiza-los labores de control e vixilancia e o de coordinador de seguridade e saúde da obra de acondicionamento da estrada AC-443 Negreira-Brandomil, treito Negreira-Ponte Corneira.

Clave: N/AC/91.3.3.2.

Orzamento: setenta e nove mil cento oitenta e seis euros con sesenta e cinco céntimos (79.186,65 euros).

Prazo de execución: 20 meses.

A solvencia económica e financeira acreditarase de conformidade co artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase de acordo co cadro de características do prego de prescricións técnicas.

Acreditarase conforme o disposto no artigo 19 a) e b) do texto refundido da citada lei.

Achegaranse copias autenticadas do persoal consultor en relación ó especificado no prego de prescricións técnicas particulares.

2. Asistencia técnica para realiza-los labores de control e vixilancia e o de coordinador de seguridade e saúde da obra de acondicionamento da estrada AC-403, treito Santa Comba-A Pereira.

Clave: AC/99/52.1.

Orzamento: setenta e nove mil cento oitenta e seis euros con sesenta e cinco céntimos (79.186,65 euros).

Prazo de execución: 20 meses.

A solvencia económica e financeira acreditarase de conformidade co artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase de acordo co cadro de características do prego de prescricións técnicas.

Acreditarase conforme o disposto no artigo 19 a) e b) do texto refundido da citada lei.

Achegaranse copias autenticadas do persoal consultor en relación co especificado no prego de prescricións técnicas particulares.

(Declaradas urxentes consonte o artigo 71 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas, estarán de manifesto e a disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela. Teléfono de información 981 54 49 86.

Así mesmo, poderanse obte-los pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratación/.

E en Copy Estudio, rúa Nova de Abaixo nº 19-21. Teléfono 981 59 33 85.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de adxudicación.

Esta garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións realizaraa a mesa de contratación ás once horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

g) Outras informacións.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 2.2.6 Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

h) Variantes: segundo o especificado no cadro de características do prego de prescricións técnicas.

i) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2002.

P.D. (Orde do 13 de decembro de 1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda