Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 25 de abril de 2002 Páx. 5.802

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2002 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto, trámite de urxencia e tramitación anticipada, das asistencias técnicas de clave PO/99/21.1 e dúas máis.

a) Asistencias técnicas.

1. Asistencia técnica ás expropiacións da obra de acondicionamento da estrada PO-261, treito Covelo-Maceira.

Clave: PO/99/21.1.

Orzamento: trinta e un mil douscentos trinta e sete euros con sete céntimos (31.237,07 euros).

Prazo de execución: 18 meses.

A solvencia económica e financeira acreditase de conformidade co artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase de acordo co cadro de características do prego de prescricións técnicas.

Acreditarase conforme o disposto no artigo 19 a) e b) do texto refundido da citada lei.

Achegaranse copias autenticadas do persoal consultor en relación ó especificado no prego de prescricións técnicas particulares.

2. Asistencia técnica ás expropiacións da obra acondicionamento da estrada OU-404 de Celanova a Barral, treito Ponte da Ella-límite norte termo municipal de Cartelle.

Clave: OU/00/37.1.

Orzamento: sesenta e cinco mil douscentos corenta euros con corenta e seis céntimos (65.240,46 euros).

Prazo de execución: 18 meses.

A solvencia económica e financeira acreditarase de conformidade co artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase de acordo co cadro de características do prego de prescricións técnicas.

Acreditarase conforme o disposto no artigo 19 a) e b) do texto refundido da citada lei.

Achegaranse copias autenticadas do persoal consultor en relación co especificado no prego de prescricións técnicas particulares.

3. Asistencia técnica ás expropiacións da obra autovía Ferrol-Vilalba, treito Igrexafeita-Espiñaredo.

Clave: AC/00/75.1.

Orzamento: corenta e dous mil noventa e cinco euros con trinta céntimos (42.095,30 euros).

Prazo de execución: 18 meses.

A solvencia económica e financeira acreditarase de conformidade co artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase de acordo co cadro de características do prego de prescricións técnicas.

Acreditarase conforme o disposto no artigo 19 a) e b) do texto refundido da citada lei.

Achegaranse copias autenticadas do persoal consultor en relación co especificado no prego de prescricións técnicas particulares.

(Declaradas urxentes consonte o artigo 71 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela. Teléfono 981 54 49 86.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/.

E en Copy Estudio, Rúa Nova de Abaixo 19-21, teléfono 981 59 33 85.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de adxudicación.

A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta o prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

g) Outras informacións.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 2.2.6 Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

Dentro do contrato está incluído o pagamento dos anuncios de convocatoria dos levantamentos de actas en dos xornais, BOP e BOE, que correspondan legalmente, segundo se especifica no punto 10 do prego de prescricións técnicas particulares.

h) Variantes: segundo o especificado no cadro de características do prego de prescricións técnicas.

i) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2002.

P.D.(Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda