Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 25 de abril de 2002 Páx. 5.801

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DE OURENSE (SECCIÓN SEGUNDA)

CÉDULA de notificación (109/2001).

Alfonso Travado y Lira, secretario da Audiencia Provincial de Ourense, Sección Segunda, certifico que, no rolo de apelación civil, ó que se fará referencia, se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que din así:

(Apelación civil)

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Ourense, constituída por Abel Carvajales Santa-Eufemia, presidente, José Ramón Godoy Méndez,

maxistrado Juan Manuel de los Ríos Sánchez, maxistrado-substituto, pronunciou, en nome de El-Rei (q.D.g), a seguinte:

«Sentencia.

Na cidade de Ourense, oito de marzo de dous mil dous.

Vistos, en grao de apelación, por esta Sección Segunda da Audiencia Provincial, actuando como tribunal civil, os autos de menor contía, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Ourense, seguido co nº 132/1999, rolo de apelación nº 109/2001, entre partes, como apelante María Fe Novas Blanco, representada pola procuradora María Ángeles Sousa Rial, baixo a dirección do letrado José Pérez Vega, e como apelados Caixa Galicia, representada pola procuradora María Gloria Sánchez Izquierdo, baixo a dirección da letrada María Victoria Fernández Corral, apelados rebeldes Francisco Javier González Álvarez e entidade Javier Comercial Frigorífica, S.L. É relator Juan Manuel de los Ríos Sánchez, seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Dictamino se desestime o recurso de apelación interposto pola procuradora Ángeles Sousa Rial en nome e representación de Mª Fe Novas Blanco, contra sentencia dictada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Ourense, en autos de xuízo de menor contía nº 132/1999, rolo de apelación nº 109/2001, de data 11 de febreiro de 2000, cunha resolución que se confirma nos seus propios termos, e impoñéndolle á apelante o pagamento das custas procesuais ocasionadas nesta alzada.

Ó lles notificar esta resolución ás partes, fáganse as indicacións que se refiren no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial.

Así, por esta nosa sentencia, da que en unión dos autos orixinais se remitirá certificación ó xulgado de procedencia para a súa execución e demais efectos, xulgando en segunda instancia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo. Abel Carvajaes, Santa Eufemia. Ramón Godoy Méndez. Juan Manuel de los Ríos Sanchez. (Rubricado).

E para que así conste e sirva de notificación en forma ós apelados rebeldes Javier Comercial Frigorífica, S.L. e Francisco Javier González Álvarez, declarados en rebeldía, expido e asino a presente cédula en Ourense o oito de marzo de dous mil dous.

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA