Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 25 de abril de 2002 Páx. 5.799

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2002 do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso á categoría 16 (conductor/a), correspondente ó grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 18 de abril de 2002, o tribunal IV-E designado pola Orde do 4 de decembro de 2001, para xulga-lo proceso selectivo para o acceso á categoría 16 (conductor/a), correspondentes ó grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 30 de xullo de 2001 ( DOG nº 160, do 20 de agosto ), e de conformidade co disposto na base III.10 da convocatoria, acordouse:

Primeiro.-Que o primeiro exercicio da fase de oposición para os aspirantes admitidos no proceso selectivo para o acceso á categoría 16 (conductor/a ) do grupo IV se realizará o día 13 de maio de 2002, ás 10 horas no recinto Feira Internacional de Galicia de Silleda.

O chamamento para a entrada dos aspirantes no lugar de realización do exercicio comenzará ás 9 horas.

Segundo:-Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade (a xuízo do tribunal), así como de lapis do nº 2 e goma de borrar (base II.2.3).

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2002.

Pablo Figueroa Dorrego

Presidente do tribunal IV-E