Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 25 de abril de 2002 Páx. 5.799

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2002 pola que se ordena a publicación do acordo da Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia, do 15 de abril de 2002, polo que se aproba anuncia-la convocatoria pública, polo sistema de libre designación, de dous postos vacantes no Consello de Contas de Galicia.

En virtude das competencias que me corresponden conforme o artigo 9 do Regulamento de réxime interior do Consello de Contas de Galicia,

RESOLVO:

Facer público o acordo da Comisión de Goberno do 16 de abril de 2002 polo que se aproba anuncia-la convocatoria pública, polo sistema de libre designación, de dous postos vacantes no Consello de Contas de Galicia, e ordena-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2002.

Luciano Fariña Busto

Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia

Acordo da Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia polo que se aproba anuncia-la convocatoria pública, polo sistema de libre designación, de dous postos vacantes no Consello de Contas de Galicia.

De acordo co artigo 3 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, e de conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, esta Comisión de Goberno

ACORDA:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo que se indican no anexo I deste acordo.

Segundo.-Poderán concorrer a ela os funcionarios/as que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no rexistro xeral do Consello de Contas de Galicia (rúa Ramón Piñeiro, nº 29, Santiago de Compostela), directamente, ou polas formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Dia

rio Oficial de Galicia, conforme o modelo que se inclúe como anexo II.

Cuarto.-Os aspirantes deberán xuntarlle á petición un curriculum vitae e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que aleguen.

Quinto.-No caso de resultar seleccionado/a para ocupa-los postos de traballo citados no anexo I deste acordo un/ha funcionario/a con destino noutra Administración pública, requirirase o informe favorable do departamento no que presta servicios, considerándose neste sentido de non emitirse no prazo de 15 días, tal como dispón o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo. Unha vez tramitado, se é o caso, o seu traslado a este Consello de Contas, procederase á súa toma de posesión no posto para o que foi seleccionado/a.

Sexto.-Esta convocatoria será resolta pola Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia.

Sétimo.-A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia, podéndose declarar desertos os postos de traballo, de considerarse oportuno.

Oitavo.-O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se o destino anterior está en Santiago de Compostela, e dun mes se está en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo.

Noveno.-Contra este acordo cabe interpor recurso de alzada ante o Pleno do Consello de Contas de Galicia no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

ANEXO I

Nº vacantes: 1.

Localidade: Santiago de Compostela.

Institución: Consello de Contas de Galicia.

Posto de traballo: axudante de auditoría.

Grupo: C.

Nivel c. destino: 22.

Específico: 6.745,32 A.

Requisitos: bachiller superior. Pertencer ó corpo administrativo C.A. galega, Estado, outras CC.AA., OO.AA., CC.LL., e S.S.

Méritos preferentes: coñecementos contables, auditoría de contas.

Nº vacantes: 1.

Localidade: Santiago de Compostela.

Institución: Consello de Contas de Galicia.

Posto de traballo: auxiliar (secretario/a nivel 30).

Grupo: D.

Nivel c. destino: 16.

Específico: 4.024,68 A.

ANEXO II

NOTA: úsese o publicado nas páxinas 5.790 e 5.791, pero, neste caso, dirixido ó Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia.