Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 25 de abril de 2002 Páx. 5.798

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á corrección de erros da Resolución do 21 de febreiro de 2002 (Diario Oficial de Galicia número 50, do 11 de marzo), pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de aspirantes admitidos e excluídos ós procesos selectivos para o ingreso nas distintas categorías do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Advertidos erros materiais na Resolución do 21 de marzo de 2002 (DOG nº 50, do 11 de marzo), da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de aspirantes admitidos e excluídos ós procesos selectivos para o ingreso nas distintas categorías do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia, esta dirección xeral, en aplicación do etablecido no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro,

de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

RESOLVE:

Publica-la rectificación dos erros materiais no sentido de:

-Modificar nas relacións definitivas de aspirantes admitidos ó proceso selectivo do grupo V-categoría 001 (camareiro/a-limpador/a e outros/as) pola quenda de acceso libre no sentido de incluír a Rosa Mª García Franqueira con DNI nº 33251350-C.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2002.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública