Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 25 de abril de 2002 Páx. 5.798

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á corrección de erros da Resolución do 21 de febreiro de 2002 (Diario Oficial de Galicia número 50, do 11 de marzo), pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de aspirantes admitidos e excluídos ós procesos selectivos para o ingreso nas distintas categorías do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Advertidos erros materiais na Resolución do 21 de febreiro de 2002 (DOG nº 50, do 11 de marzo), da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de aspirantes admitidos e excluídos ós procesos selectivos para o ingreso nas distintas categorías do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia, esta dirección xeral, en aplicación do establecido no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

RESOLVE:

Publica-la rectificación dos erros materiais no sentido de:

-Modificar nas relacións definitivas de aspirantes excluídos ó proceso selectivo do grupo III-categoría 063 (oficial 1ª conductor e outros) pola quenda de acceso libre a José Manuel Nicolás Rojo con DNI nº 12711109-K, que queda excluído polas causas 12 e 22.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2002.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública