Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 25 de abril de 2002 Páx. 5.796

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2002, do tribunal II-B designado para cualifica-lo proceso selectivo para o acceso ás categorías 6 (educador) e 17 (asistente social) do grupo II do persoal laboral fixo da Administración da Xunta de Galicia convocadas pola Orde do 30 de xullo de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 20 de agosto), pola que se anulan dúas preguntas do primeiro exercicio (test) correspondente á categoría II-6 (educador).

Na sesión do día 16 de abril de 2002, o tribunal II-B adoptou o seguinte acordo:

Anula-la pregunta número 75 do cuestionario de promoción interna e a pregunta número 33 do cuestionario de acceso libre correspondentes á categoría 6 (educador) do grupo II do persoal laboral fixo da Administración da Xunta de Galicia, por non ser correcta a súa formulación.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2002.

Loreto Díaz Sánchez

Presidenta do tribunal