Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 25 de abril de 2002 Páx. 5.796

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso á categoría 3 (auxiliar de clínica e outros), correspondente ó grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 10 de abril de 2002, o tribunal designado pola Orde do 10 de decembro de 2001, para xulga-lo proceso selectivo para o acceso á categoría 3 (auxiliar de clínica e outros), correspondente ó grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 30 de xullo de 2001 (DOG nº 160, do 20 de agosto), e de conformidade co disposto na base III.10 da convocatoria, acordouse:

Primeiro.-Que o primeiro exercicio da fase de oposición para os aspirantes admitidos no proceso selectivo para o acceso á categoría 3 (auxiliar de clínica e outros) do grupo IV se realizará o día 12 de maio de 2002, ás 9 horas, no recinto da Feira Internacional de Galicia de Silleda.

O chamamento para a entrada dos aspirantes no lugar de realización do exercicio comezará ás 8 horas.

Segundo.-Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade (a xuízo do tribunal), así como de lapis nº 2 e goma de borrar (base II.2.3).

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2002.

Mª José Pérez Dafonte

Presidenta do tribunal IV-A