Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 25 de abril de 2002 Páx. 5.796

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación da do 12 de marzo de 2002 pola que se aproban e fan públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos ós procesos selectivos para o ingreso nas distintas categorías do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galicia.

O conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública dictou resolucións estimatorias de recursos de reposición contra Resolución do 12 de marzo de 2002, pola que se aproban e fan públicas as relacións definitivas de aspirantes admitidos e excluídos ó proceso selectivo da categoría 009 (oficial 2ª de faenas agrícolas e outros) do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Dado que o carácter das resolucións é estimatorio da petición dos interesados, procede darlle a debida publicidade á modificación provocada por estas, nas listas publicadas pola Resolución do 21 de febreiro de 2002, no sentido de que deben figurar nas listas

definitivas de admitidos os aspirantes que se relacionan a continuación:

Grupo IV - categoría 009 (oficial 2ª de faenas agrícolas e outros/as) - acceso libre.

DNIAPELIDOS E NOMEQUENDA

DISCAPACITADOS

GALEGO

78796325-GSUEIRO VAZQUEZ, JOSE MANUELNONNON

34974238-RCUDEIRO VAZQUEZ, JUANNONNON

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa poderase interpoñer recurso de reposición perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2002.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública