Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 25 de abril de 2002 Páx. 5.795

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso á categoría 1 (camareiro-limpador e outros), correspondente ó grupo V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 15 de abril de 2002, o tribunal V-A designado pola Orde do 10 de decembro de 2001 para xulga-lo proceso selectivo para

o acceso á categoría 1 (camareiro limpador e outros), correspondente ó grupo V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 30 de xullo de 2001 (DOG nº 160, do 20 de agosto) e de conformidade co disposto na base III.10 da convocatoria acordouse:

Primeiro.-Que o primeiro exercicio da fase de oposición para os aspirantes admitidos no proceso selectivo para o acceso á categoría 1 (camareiro-limpador) se realizará o día 11 de maio de 2002 ás 18 horas no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda.

O chamamento para a entrada dos aspirantes no lugar de celebración do exercicio comezará ás 17 horas.

Segundo.-Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar (base II.2.3).

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2002.

Mª del Camino Triguero Salas

Presidenta do tribunal V-A