En sesión que tivo lugar o día 10 de abril de 2002, o tribunal designado pola Orde do 15 de xaneiro de 2002 para xulga-lo proceso selectivo para o acceso á categoría 2 (ATS e outros), correspondente ó grupo II do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola orde da Consellería da Presidencia e Admistración Pública do 30 de xullo de 2001 (DOG nº 160, do 20 de agosto), e de conformidade co disposto na base III.10 da convocatoria, acordouse:
Primeiro.-Que o primeiro exercicio da fase de oposición para os aspirantes admitidos no proceso selectivo para o acceso á categoría 2 (ATS e outros) do grupo II se realizará o día 12 de maio de 2002, ás 14 horas, no recinto da Feira Internacional de Galicia de Silleda.
O chamamento para a entrada dos aspirantes no lugar de realización do exercicio comezará ás 13 horas.
Segundo.-Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade (a xuízo do tribunal), así como de lapis nº 2 e goma de borrar (base II.2.3).
Santiago de Compostela, 16 de abril de 2002.
Mª José Pérez Dafonte
Presidenta do tribunal II-A