Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 25 de abril de 2002 Páx. 5.795

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación da do 28 de xaneiro de 2002 pola que se aproban e fan públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), escala de delineantes.

O conselleiro da Presidencia Relacións Institucionais e Administración Pública dictou resolución estimatoria de recurso de reposición contra Resolución do 28 de xaneiro de 2002 pola que se aproban e fan públicas as relacións definitivas de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), escala de delineantes.

Dado que o carácter da resolución é estimatorio da petición do interesado, procede darlle a debida publicidade á modificación provocada por esta, nas listas publicadas pola Resolución do 28 de xaneiro de 2002, no sentido de que deben figurar nas listas definitivas de admitidos os aspirantes que se relacionan a continuación:

Acceso libre:

DNIAPELIDOS E NOMEQUENDA

DISCAPACITADOS

EXENTO 3º

EXERCICIO

36123951COSTAS COMESAÑA, ALBERTONONSI

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2002.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública