Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 25 de abril de 2002 Páx. 5.785

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DO HOME E DA MULLER

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2002 pola que se convocan e establecen as bases reguladoras aplicables á concesión de bolsas de especialización para a realización de estudios sobre a muller e a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes en Galicia e se procede á súa convocatoria.

A Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, de creación do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller establece entre os seus obxectivos o de realizar estudios sobre a muller e a igualdade de oportunidades.

Na Conferencia Mundial da Muller celebrada en Pekín en setembro de 1995, baixo os auspicios de Nacións Unidas aprobouse o documento Plataforma de Acción, obrigándose tódolos estados membros do mundo a desenvolve-las distintas áreas contidas nela; e o Consello da Unión Europea nas súas decisións do 22 de decembro de 1995 modificada por decisión do 2 de decembro de 1996 relativa ó cuarto programa de acción comunitaria a medio prazo para a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, establece como un medio de execución das áreas previstas na Plataforma de Acción as de realización de estudios sobre a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Parece conveniente tratar de impulsar estudios específicos sobre determinadas áreas, mediante bolsas de estudios que impulsen os traballos relacio

nados coa igualdade de oportunidades de mulleres e homes na sociedade galega e nas áreas que se relacionan no anexo III.

No Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, establécense os requisitos xerais ás subvencións concedidas pola Administración autonómica, normativa á que, en consecuencia, se adaptará a esta resolución, tendo en conta, en todo caso, os principios de publicidade, obxectividade e concorrencia.

A tramitación desta resolución acóllese ó disposto na orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, pola que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada pola Orde do 26 de novembro de 2000, toda vez que o Consello da Xunta de Galicia, na súa sesión celebrada o día 14 de febreiro de 2002, aprobou o proxecto de orzamentos xerais para a Comunidade Autónoma para o ano 2002.

Na súa virtude, en uso das facultades que teño atribuídas e para a debida aplicación dos créditos orzamentarios para o fin para o que foron establecidos,

DISPOÑO:

Artigo 1º

1. Esta convocatoria ten por obxecto a concesión de tres (3) bolsas ou axudas económicas dun ano de duración, para a realización de estudios sobre a muller e a igualdade de oportunidades de mulleres e homes en Galicia.

2. A concesión destas axudas rexerase polas bases do anexo I desta resolución.

Artigo 2º

O importe global máximo que alcanzarán as axudas é de vintetrés mil oitocentos trinta e dous euros (23.832 A), a razón de sete mil novecentos corenta e catro euros (7.944 A) por bolsa, das que serán deducidas as correspondentes retencións fiscais, que serán financiadas con cargo á aplicación orzamentaria 14.50.212A.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002.

Disposicións adicionais

Primeira.-A concesión das bolsas reguladas nesta resolución estará sometida á condición suspensiva de existencia de crédito axeitado e suficiente no momento da resolución.

Segunda.-Procederá o reintegro total ou parcial da bolsa percibida e os xuros de demora devengados desde o momento do seu pagamento, de acordo co establecido no artigo 78.9º do Decreto lexislativo 1/1999, modificado pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, nos seguintes casos:

a) Incumprimento da obriga de xustificación.

b) Obtención da bolsa sen reuni-los requisitos esixidos para a súa concesión.

c) Incumprimento da finalidade para a que foi concedida a axuda.

d) Incumprimento das condicións impostas ás entidades colaboradoras e benificiarios/as con motivo da concesión da axuda ou subvención pública.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2002.

Aurora Montes Santa-Olalla

Directora xeral do Servicio Galego de Promoción

da Igualdade do Home e da Muller

ANEXO I

Bases

Primeira.-Obxecto e dotación.

1. As bases contidas neste anexo teñen por obxecto determina-las condicións e requisitos que deben rexe-la concesión de bolsas de acordo co establecido no artigo 1º desta resolución.

2. A contía das axudas será de sete mil novecentos corenta e catro euros (7.944 A) cada unha, aboables en doce mensualidades de seiscentos sesenta e dous euros (662 A) nas que se aplicará a correspondente retención fiscal.

Segunda.-Carácter da bolsa.

1. Dado o seu carácter formativo e de apoio ó estudio que realizará o/a bolseiro/a, a concesión destas bolsas non implica relación laboral ou administrativa entre o/a beneficiario/a e o Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, nin dará lugar á súa inclusión na Seguridade Social.

2. O/a bolseiro/a deberá dedicarse de maneira plena a realiza-los estudios para os que foi concedida a bolsa, con aceptación das indicacións da dirección do traballo. É incompatible o desfrute da bolsa coa percepción doutras remuneracións, bolsas ou axudas.

Terceira.-Condicións xerais.

Para optar a estas bolsas é necesario:

a) Posuír, na data da solicitude, a titulación de licenciado/a universitario/a referida á área do estudio que se vai realizar.

b) Que no momento de presentación da solicitude, non transcorresen máis de cinco anos desde a obtención da devandita licenciatura.

Cuarta.-Centros de realización.

Os estudios ou traballos serán realizados en calquera centro universitario ou departamento de investigación de Galicia, ó que o/a bolseiro/a se incorporará, segundo o que se estableza no escrito de aceptación do dito centro sobre a realización e dirección do estudio.

Quinta.-Solicitudes.

1. A solicitude destas bolsas farase mediante escrito dirixido á directora xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, segundo modelo do anexo II, xunto ós seguintes documentos:

a) Fotocopia do DNI compulsada.

b) Currículum vitae do/a solicitante, cos documentos acreditativos dos méritos alegados.

c) Certificación académica completa e fotocopia do título de licenciatura correspondente ou, no seu defecto, xustificación do pagamento dos dereitos de expedición.

d) Outros datos que se poidan xustificar documentalmente e que o/a solicitante considere de interese en relación coa bolsa.

e) Escrito da entidade ou departamento onde se vai desenvolve-lo traballo no que figure a súa aceptación expresa.

f) Escrito do/a director/a do traballo manifestando a súa aceptación e o compromiso de dirixilo.

g) Memoria descritiva do estudio que se vai realizar, con mención dos seus obxectivos, metodoloxía, tempo de duración previsto e cantos outros se consideren de interese, en especial se o dito estudio forma parte dun proxecto máis amplo realizado pola entidade na que se integra o/a bolseiro/a. A memoria debe estar conformada polo/a director/a do traballo.

h) No caso de formar parte dun proxecto máis amplo, memoria sinxela na que se relacionen os traballos xa realizados e en curso e composición e pequeno currículo do equipo que o integra, asinado polo/a director/a do proxecto.

i) Declaración das bolsas solicitadas ás distintas administracións públicas competentes para a realización do estudio.

2. A presentación das solicitudes farase no Rexistro Xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller (praza de Europa, 15 A,

2º. Área Central. As Fontiñas, Santiago de Compostela) ou ben por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Sexta.-Prazo.

1. O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. No suposto de que a solicitude non cumpra os requisitos sinalados na convocatoria ou a documentación achegada conteña erros ou sexa insuficiente, o órgano competente requirirá o/a solicitante para que, no prazo de dez (10) días achegue os documentos preceptivos ou emende os erros detectados, con indicación de que, se así non o fixese, se terá por desistido da súa petición, logo da resolución que deberá ser dictada nos termos previstos no artigo 42 e de conformidade co artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Sétima.-Procedemento.

1. O procedemento que se seguirá na tramitación e instrucción dos expedientes será o establecido no artigo 9 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia coas concreccións que se establecen nos parágrafos seguintes.

2. Unha vez realizados os trámites realizados no artigo 9 do antedito decreto, os expedientes remitiranse á comisión de valoración para o seu informe, proposta de resolución e posterior elevación ante o órgano competente para resolver.

3. Para os efectos do disposto no parágrafo anterior a comisión de valoración estará composta pola secretaria do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, que a presidirá, e serán vocais o xefe ou xefa de Servicio de Cooperación, Estudios e Programas e o xefe ou xefa de Servicio de Administración Xeral, que actuará como secretaria/o.

4. A comisión de valoración á hora de barema-las solicitudes terá en conta os seguintes criterios en relación coa finalidade da axuda ou subvención:

a) Obxecto do estudio que se vai realizar, que en todo caso corresponderá a algunha das áreas relacionadas no anexo III.

b) Expediente académico, en especial o daquelas materias relacionadas directamente co obxecto do estudio, e currículum vitae.

c) A integración do estudio obxecto da bolsa en programas de traballo máis amplos e en equipos de investigación que xa traballen sobre o tema.

Só se valorarán os méritos acreditados documentalmente.

5. A comisión poderá convoca-los/as solicitantes para unha enquisa persoal e para as probas obxectivas que coide procedentes.

Oitava.-Resolución.

1. A resolución dos expedientes das axudas, logo do informe da comisión de valoración, de cumpri-lo trámite de audiencia cando proceda e fiscalizada a proposta pola respectiva intervención, corresponderalle á directora xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.

A devandita resolución poñerá fin á vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición perante o mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa notificación ou recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa comunicación.

2. As solicitudes entenderanse desestimadas se, nun prazo de seis meses contados a partir do día seguinte á publicación desta resolución, non recaese resolución expresa.

Novena.-Do pagamento e efectividade.

1. Formulada a adscrición e ratificada polo/a director/a do estudio, dentro dos quince (15) días seguintes á notificación da resolución procederase ó pagamento da cantidade mensual fixada na base primeira, con efecto a mes vencido.

2. a) O Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller poderá en calquera momento da realización da bolsa, solicitarlle ó/á bolseiro/a un informe sobre as súas actividades. En todo caso, o/a bolseiro/a remitirá trimestralmente a contar desde o outorgamento da bolsa o citado informe.

b) Con anterioridade ó aboamento da derradeira mensualidade, o/a bolseiro/a achegará unha declaración que acredite que durante o período de desfrute da bolsa non percibiu ningunha axuda, remuneración, nin outra bolsa.

c) O/a bolseiro/a fará entrega do estudio en soporte escrito e informático en lingua galega, realizado no prazo máximo dun ano a contar desde a concesión da axuda, e un informe por escrito do traballo desenvolvido ó que se xuntará informe do/a director/a do proxecto. En tanto en canto non se presente o mencionado informe non se efectuará o pagamento correspondente á última mensualidade.

Décima.-Modificación da resolución.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e en todo caso a obtención concorrente de subvencións e axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais poderán dar lugar á modificación da resolución da concesión.

Décimo primeira.-Publicación do estudio.

O/a bolseiro/a cederá en exclusiva ó Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller os dereitos de propiedade intelectual que se deriven do estudio realizado, reservándose por conseguinte este organismo a facultade da súa publicación total ou parcial.