Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 25 de abril de 2002 Páx. 5.750

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 14 de marzo de 2002 pola que se concede a autorización definitiva para imparti-las ensinanzas de música de grao medio ó conservatorio profesional de música de Culleredo (A Coruña).

O conservatorio de música non estatal de grao elemental dependente do concello de Culleredo foi creado polo Decreto 333/1990, do 8 de xuño (Diario Oficial de Galicia do 25 de xuño). Mediante a Orde do 2 de xullo de 1990 (DOG do 26 de xullo) autorizouse a posta en funcionamento deste centro.

Polo Decreto 67/2002, do 28 de febreiro (DOG do 11 de marzo), transfórmase o conservatorio de música non estatal de grao elemental dependente do concello de Culleredo (A Coruña) en conservatorio profesional de música.

Vistos os informes da Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña e en aplicación da disposición única do Decreto 67/2002, do 28 de febreiro, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Concédeselle a autorización definitiva para imparti-las ensinanzas de música de grao medio reguladas pola Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (BOE do 4), ó conservatorio profesional de música de Culleredo, segundo os datos que figuran no anexo a esta orde.

Segundo.-A Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, logo de informe da inspección educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparta docencia no conservatorio.

Terceiro.-O conservatorio queda obrigado ó cumprimento da lexislación vixente para os centros que imparten ensinanzas artísticas e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que figuran nesta orde.

Cuarto.-A presente orde, que esgota a vía administrativa, poderá ser obxecto de recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, con

tado a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14), de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27), ou ben os interesados poderán presentar directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día segunte ó da súa publicación, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (BOE do 14).

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Culleredo.

Localidade: O Burgo.

Enderezo: rúa Andrés Pan Vieiro, 30, Acea de Ama.

Código do centro: 15026728.

Titular: concello de Culleredo.

Denominación xenérica: conservatorio profesional de música.

Denominación específica: de Culleredo.

Postos escolares: grao elemental: 80, grao medio: 180.