Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 24 de abril de 2002 Páx. 5.739

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno en sesión ordinaria celebrada o día 5 de marzo de 2002, en virtude da delegación da alcaldía (Resolución do 7 de xullo de 1999), aprobou inicialmente o proxecto de urbanización da área de reparto-10, Lalín.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei do solo de Galicia 1/1997, do 24 de marzo, exponse ó público polo prazo dun mes que se contará desde o seguinte á inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que poida ser examinado polos interesados, e presentaren, se é o caso, as alegacións ou reclamacións que estimen pertinentes.

Lalín, 14 de marzo de 2002.

O alcalde-presidente

Rubricado