Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 24 de abril de 2002 Páx. 5.738

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FOLGOSO DO COUREL

ANUNCIO para a adxudicación por concurso da subministración dun tractor e accesorios para limpeza viaria.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Folgoso do Courel (Lugo).

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Número de expediente: 01/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición de tractor e accesorios para limpeza viaria.

b) Número de unidades que se van entregar: unha.

c) División por lotes e número: lote único.

d) Lugar de entrega: Casa do Concello de Folgoso do Courel.

e) Prazo de entrega: un mes desde a notificación da adxudicación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: corenta e cinco mil novecentos trinta e oito euros (45.938 euros), IVE e demais gastos dispostos no prego incluídos.

5. Garantías.

Provisional: o 2% do orzamento base de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Casa do Concello de Folgoso do Courel.

b) Domicilio: Fondo de Vila, s/n.

c) Localidade e código postal: Folgoso do Courel, 27325.

d) Teléfono e fax: 982 43 30 01.

e) Data límite de obtención de documentos e información: a de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: non se esixen.

8. Presentación das ofertas e das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais a partir do seguinte ó da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a esixida no prego.

c) Lugar de presentación: o do punto sexto deste anuncio.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: salón de plenos da Casa do Concello de Folgoso do Courel.

b) Domicilio: Fondo de Vila, s/n.

c) Localidade: Folgoso do Courel.

d) Data e hora: o quinto día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

Se coincidise en sábado, a apertura terá lugar o seguinte día hábil, ás 17 horas.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Folgoso do Caurel, 12 de abril de 2002.

José López Fontal

Alcalde