Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 24 de abril de 2002 Páx. 5.738

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o 31 de xaneiro de 2002, aprobou definitivamente a solicitude de cambio de sistema de xestión da AEI-24, r/ Poeta Pérez Parallé pasando de cooperación a compensación de acordo co expediente tramitado para o efecto, sendo o teor do acordo o seguinte:

«O Concello Pleno en sesión celebrada o 25 de outubro de 2001 acordou aprobar inicialmente a solicitude da Comisión Xestora da AEI-24 Poeta Pérez Parallé de cambio de sistema de xestión, de cooperación a compensación, acordo que foi publicado no DOG número 234, do 4 de decembro de 2001, taboleiro de anuncios do concello desde o 28 de novembro de 2001 ata o 8 de xaneiro de 2002. Practiadas as notificacións persoais e rematado o prazo de información pública sen que se presentaran alegacións, segundo consta no certificado do Rexistro Xeral; a Comisión Informativa de Urbanismo en sesión celebrada o 10 de xaneiro de 2002, en votación ordinaria e por unanimidade, estimou oportuno propoñerlle ó Concello Pleno a adopción do seguinte acordo. Aprobar definitivamente a solicitude de cambio de sistema de xestión da AEI-24 r/ Poeta Pérez Parallé pasando de cooperación a compensación».

Ignorándose o domicilio dos propietarios das parcelas con referencia catastral, 1452911, 1452908, 1250347, 1250310, 1452906, 1653232, 1250308, 1551231, 1551239, 1452907, 1551210, 1250301, 1250345, notifícaselles, conforme o establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O que se fai público para xeral coñecemento, podéndose interpor contra a mencionada aprobación recurso potestativo de reposición perante o órgano que dictou a presente resolución dentro do prazo dun mes contado a partir do día da súa publicación no DOG, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, sen prexuízo da posibilidade de interpor directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG e na forma prevista no artigo 45 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (BOE do 14 de xullo).

Ferrol, 12 de febreiro de 2002.

Xaime Bello Costa

Alcalde