Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 24 de abril de 2002 Páx. 5.739

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do Concello, en sesión que tivo lugar o 5 de abril de 2002, aprobou definitivamente o proxecto de urbanización do sector C-zona 1 do polígono industrial de San Cibrao das Viñas, conforme o acordo que, transcrito literalmente, di:

«Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización do sector C-zona 1 do polígono industrial de San Cibrao das Viñas, redactado polo arquitecto Javier Nogueiras Mascarenhas, cun orzamento

de execución material que ascende á cantidade de 3.667.579,47 A, coas modificacións introducidas, que queda condicionada a aprobación á presentación da garantía complementaria para a execución das obras na cantidade de 106.463,48 A.

Segundo.-Continua-lo procedemento establecido na Lei 1/1997, do solo de Galicia».

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interporse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno do concello, no prazo dun mes contado desde a mesma data.

San Cibrao das Viñas, 8 de abril de 2002.

A alcaldesa

Rubricado