Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 24 de abril de 2002 Páx. 5.736

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CEDEIRA

ANUNCIO de licitación.

No BOP nº 84, do 13-4-2002, sae publicado o anuncio do concurso, con procedemento aberto, para a contratación das seguintes obras:

1. Obra: acondicionamento de camiño entre Sisalde, A Veciñeira e Cartas.

Orzamento: 63.451,97 A.

Fianza definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

2. Obra: pavimentación con aglomerado asfáltico en diversas rúas do núcleo urbano de Cedeira. 2ª fase.

Orzamento: 64.043,72 A.

Fianza definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Pregos e proxectos:

Rexerá o prego de condicións tipo aprobado por acordo da deputación provincial o día 31 de marzo de 2000, publicado no BOP nº 77, do 3 de abril de 2000.

Presentación de proposicións:

No Rexistro Xeral de Entrada de documentos do concello, dentro do prazo dos vinteseis días naturais seguintes contados desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

Cedeira, 15 de abril de 2002.

Xoán Xosé Rodríguez Pérez

Alcalde-presidente