Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 24 de abril de 2002 Páx. 5.735

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BECERREÁ

ANUNCIO de licitación de obra pública.

Aprobados os pregos de cláusulas administrativas particulares para a contratación das obras do proxecto de pavimentación rúa Vidrieiro, expóñense ó público polo prazo de oito días hábiles para os efectos previstos polo artigo 122 do R.D.L. 781/1986, do 18 de abril.

De conformidade co establecido no artigo 122.2º do R.D.L. 781/1986, do 18 de abril, anúnciase simultaneamente co prego de condicións a licitación, aínda que esta se aprazará no suposto de se produciren reclamacións contra os pregos, ata a súa resolución.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Becerreá.

2. Obxecto do contrato.

a) Proxecto de: pavimentación rúa Vidrieiro.

b) Lugar de execución: Becerreá.

c) Prazo de execución: 4 meses.

3. a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 71.288 A.

5. Garantía definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información:

Concello de Becerreá. Avda. Madrid número 2, 27640 Becerreá (Lugo).

Teléfono 982 36 00 04.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Solvencia económico-financeira e técnica: acreditarase de conformidade co establecido na cláusula 7.1 e 7.2 do prego.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP de Lugo e no DOG, tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da última publicación.

b) Documentación que hai que presentar:

As proposicións presentaranse en dous sobres cerrados.

Sobre A, subtitulado Oferta económica, que deberá formularse conforme o modelo que figura como anexo II do prego.

Sobre B, subtitulado Personalidade xurídica, conterá a documentación sinalada na cláusula 11.2) do prego de condicións.

c) Lugar de presentación: Concello de Becerreá. Avda. Madrid número 2.

d) O prazo en que o licitador estará obrigado a mante-la oferta: un mes desde que remate o prazo de presentación.

e) Admisión de variantes: admítese a formulación de variantes en relación co proxecto aprobado, tanto cualitativas coma cuantitativas. Estas melloras deberán ofertarse segundo se establece na cláusula 11.1.d) do prego.

9. Apertura de plicas: no salón de sesións da Casa do Concello de Becerreá, ás doce horas do terceiro día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario tódolos gastos que por este motivo se devenguen.

Becerreá, 15 de abril de 2002.

Antonio Fernández Pombo

Alcalde-presidente