Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 24 de abril de 2002 Páx. 5.736

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO do 26 de marzo de 2002, do Instituto Municipal Coruña Espectáculos, do concurso, con procedemento aberto, para a adxudicación do contrato de prestación de servicios complementarios no IMCE.

1. Entidade adxudicadora: Instituto Municipal Coruña Espectáculos.

2. Obxecto do contrato: prestación de servicios complementarios no IMCE.

3. Prazo de execución: un ano prorrogable anualmente ata un máximo de catro (incluído período inicial e prórrogas) por mutuo acordo entre as partes.

4. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

5. Orzamento base de licitación: 272.000 euros anuais. (IVE incluído).

6. Garantía provisional: non se esixe.

7. Obtención de documentación e información:

a) Oficinas do IMCE, sitas no edificio Coliseum; Avda. Alfonso Molina s/n, A Coruña.

b) Teléfono: 981 13 44 50. Fax: 981 13 60 01.

c) Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

8. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de ofertas:

Prazo: quince días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado ou festivo ó día de remate do prazo, quedará este prorrogado o día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro do IMCE (oficinas do IMCE sitas na Avda. de Alfonso Molina s/n, edificio Coliseum).

d) Admisión de variantes: si.

10. Apertura das ofertas económicas e da documentación técnica.

a) Lugar: casa do concello. Pza. de María Pita 1-2º.

b) Data: quinto día hábil seguinte ó de transcurso do prazo de licitación (ás 9 horas).

11. Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 26 de marzo de 2002.

José Luis Méndez Romeu

Presidente do Instituto Municipal

Coruña Espectáculos