1. Orzamento máximo: 726.700 euros.
2. Prazo de execución do contrato: tres (3) meses.
3. Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación: 14.534 euros.
4. Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación: 29.068 euros.
5. Forma de tramitación: ordinaria.
6. Prazo de presentación das proposicións: deberán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente en Santiago de Compostela, sita en San Lázaro s/n, antes das 14 horas do día 10 de xuño de 2002, data na que estarán cumpridos 52 días desde que se remitiu para a súa publicación no DOCE este anuncio, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.
7. Documentación que deberán presenta-los licitadores:
7.1. No sobre de documentación xeral, a establecida no punto 7.1. do prego de cláusulas administrativas.
7.2. No sobre da proposición económica a establecida no punto 7.2. do prego de cláusulas administrativas.
7.3. No sobre de referencias técnicas, a establecida no punto 7.3. do prego de cláusulas administrativas.
8. Apertura das proposición: será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas da Consellería de Medio Ambiente, ás 12 horas do día 25 de xuño de 2002.
9. Obtención da documentación:
9.1. Documentación:
Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, na Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación da Consellería de Medio Ambiente, sita en Santiago de Compostela, San Lázaro s/n, e na páxina da Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N= 1094.
Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web, e que estean interesadas en concursar a esta licitación deberán enviar, ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a continuación se relacionan:
-No epígrafe Asunto: obxecto do prego.
-Nome da empresa.
-Nº de teléfono.
9.2. Información: teléfono: 981 54 17 49.
10. Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.
Santiago de Compostela, 16 de abril de 2002.
P.D. (Orde 12-1-1998)
José Luis Aboal García-Tuñón
Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente