Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 24 de abril de 2002 Páx. 5.734

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2002 pola que se renova a creditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción ó laboratorio Norcontrol, S.A. con domicilio na estrada N-VI km 582,6 15168-Sada (A Coruña).

De acordo co establecido nos artigos 2 e 3 do Decreto 441/1990, do 6 de setembro (DOG do 24 de setembro de 1990) polo que se aproban as disposicións reguladoras específicas da acreditación de laboratorios de ensaio para o control de calidade da construcción, e por proposta da Dirección Técnica de Construccións e con informe favorable do Servicio de Calidade na edificación conforme establecen os artigos 12 h) e 18.3º.1 a) do Decreto 70/1997, do 14 de marzo (DOG do 10 de abril), a Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo resolveu:

Renova-la acreditación e a súa inscrición no Rexistro de Laboratorios de Ensaios para o Control de Calidade da Construcción ó Laboratorio Norcontrol, S.A, con domicilio na estr. N-VI km-582,6. 15168-Sada (A Coruña), polo prazo e condicións a que se refire o artigo 4 do anexo do Decreto 441/1990, do 6 de setembro, na área de:

AS-«Área de control in situ da execución da soldadura de elementos estructurais de aceiro», co número 15011AS02.

SE-«Área de ensaios de laboratorio de mecánica do solo», co número 15013SE02.

ST-«Área de toma de mostras inalteradas, ensaios e probas in situ de solos», co número 15029ST02.

SV-«Área de solos, areas, mesturas bituminosas e os seus materiais constituíntes en vias», co número 15043SV02.

HA-«Área de control de formigón en masa ou armado e os seus materiais constituíntes. Cemento, areas, auga, aceiro para armaduras, adicionais e aditivos», co número 15050HA02.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2002.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo