Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 24 de abril de 2002 Páx. 5.733

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a contratación da subministración e entrega dun mínimo de cinco (5) vehículos todo terreo equipados para a loita contra incendios forestais.

1. Orzamento máximo: 486.820 euros.

2. Prazo de execución do contrato: catro (4) meses.

3. Fianza provisional:

2% do orzamento de licitación: 9.736,40 euros.

4. Fianza definitiva:

4% do orzamento de licitación: 19.472,80 euros.

5. Forma de tramitación: ordinaria.

6. Prazo de presentación das proposicións: deberán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente en Santiago de Compostela, sita en San Lázaro s/n, antes das 14 horas do día 10 de xuño de 2002, data na que estarán cumpridos 52 días desde que se remitiu para a súa publicación no DOCE este anuncio, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

7. Documentación que deberán presenta-los licitadores:

7.1. No sobre de documentación xeral, a establecida no punto 7.1. do prego de cláusulas administrativas.

7.2. No sobre da proposición económica, a establecida no punto 7.2. do prego de cláusulas administrativas.

7.3. No sobre de referencias técnicas, a establecida no punto 7.3. do prego de cláusulas administrativas.

8. Apertura das proposicións: será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas da Consellería de Medio Ambiente, ás 12 horas do día 25 de xuño de 2002.

9. Obtención da documentación:

9.1. Documentación:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta

contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, na Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación da Consellería de Medio Ambiente sita en Santiago de Compostela, San Lázaro, s/n, e na páxina da Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N= 1093.

Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web, e que estean interesadas en concursar a esta licitación deberán enviar, ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a continuación se relacionan:

-No epígrafe Asunto: obxecto do prego.

-Nome da empresa.

-Nº de teléfono.

9.2. Información.

Teléfono: 981 54 17 49.

10. Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2002.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente