En cumprimento do disposto no artigo 2.4º do Decreto 327/1991, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG número 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días hábiles, someterase o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude
RESOLVO:
Someter a información pública, por un prazo de vinte días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución, o proxecto de explotación, o estudio de efectos ambientais e o plan de restauración do pase a concesión de explotación Alba nº 6947 situada en terreos dos concellos de Frades e Oroso, provincia da Coruña, e solicitado por Erimsa.
Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten un exemplar del para consulta nas oficinas desta dirección xeral, nas dependencias das delegacións provinciais das consellerías de Industria e Comercio e Medio Ambiente
correspondentes, así como nos concellos de Frades e Oroso, e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.
Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2002.
Ramón Ordás Badía
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas