Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 24 de abril de 2002 Páx. 5.725

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 26 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente RCI 19.776).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Garenesa.

Domicilio social: Canovas del Castillo, 4-2º, 36202 Vigo (Pontevedra).

Denominación: planta de xeración de enerxía eléctrica.

Situación: As Somozas.

Características técnicas: a planta utilizará como combustible os hidrocarburos (residuos) obtidos do proceso de tratamento dos pneumáticos cunha porcentaxe superior ó 70% e fuel-óleo como combustible de apoio.

-Un motor de combustión de 6.300 kW.

-Un alternador de 6.100 kWe.

-Unha subestación eléctrica cun trafo de 8 MVA e r/t 132/6 kV e elementos de protección, corte e medida.

-Un trafo auxiliar de 250 kVA r/t6/0,4 kV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 26 de febreiro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña