Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 24 de abril de 2002 Páx. 5.725

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 30 de novembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 01/762).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Ayuntamiento da Coruña.

Domicilio social: María Pita, 1, A Coruña.

Denominación: coxeración complexo deportivo San Diego.

Situación: A Coruña.

Características técnicas: planta de coxeración eléctrica constituída por:

-Motor de combustión interna de 838 kWM alimentado por gas natural.

-Alternador síncrono de 805 kW, 1.000 kVA e 0,4 kV de tensión de xeración.

-Centro de transformación de 1,25 mVA de 0,4/15 kV.

-Aparellaxe de protección, mando, sinalización e medida.

Lugar onde se vai a establece-la instalación: complexo deportivo San Diego (A Coruña).

Orzamento: 139.933.034 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 30 de novembro de 2001.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial en funcións da Coruña