Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 24 de abril de 2002 Páx. 5.726

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública para estudio ambiental, autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do modificado do proxecto de execución das instalacións que abrangue o parque eólico Álabe-Ventoada. (Expediente 039-EOL).

Por Resolución do 10 de outubro de 2000, da Dirección Xeral de Industria autorizáronse as instalacións electromecánicas, aprobouse o proxecto de execución e recoñeceuse a inclusión de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica do parque eólico denominado Álabe-Ventoada.

Por Resolución do 30 de novembro de 2000, da Consellería de Industria e Comercio, declarouse a utilidade pública, en concreto, das instalacións de referencia.

Con data do 27 de febreiro de 2002, a empresa promotora Acciona Eólica de Galicia, S.A. presentou o modificado do proxecto do devandito parque eólico.

En cumprimento do disposto no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, os decretos 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente segundo o establecido na disposición transitoria primeira da devandita lei, en relación coa disposición transitoria décimoprimeira do Real decreto 1955/2000, o artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, de aplicación segundo o establecido na disposición transitoria terceira do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de

Galicia, sométense a información pública, por solicitude da empresa Acciona Eólica de Galicia, S.A., as instalacións que a continuación se describen:

Obxecto de información pública:

-Estudio ambiental.

-Autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de exe

cución das instalacións que comprende o modificado do proxecto do parque eólico Álabe-Ventoada.

A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a necesidade de urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Peticionario: Acciona Eólica de Galicia, S.A. Avda. de Europa, 18, parque empresarial La Moraleja, 28018 Alcobendas (Madrid).

Situación: Concello de Muras (Lugo).

Situación (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V (0.611.034, 4.810.987), V (0.611.248, 4.811.300)

V (0.612.224, 4.811.300), V (0.612.862, 4.811.931)

V (0.611.954, 4.812.333), V (0.612.265, 4.812.789)

V (0.613.559, 4.812.270), V (0.613.700, 4.812.700)

V (0.614.180, 4.812.000), V (0.613.960, 4.811.738)

V (0.612.256, 4.810.551)

Características técnicas do parque eólico:

-Nº de aeroxeradores: 30.

-Potencia nominal unitaria: 750 kW.

-Potencia total instalada: 22,5 MW.

-Tipo de aeroxerador: NEG-MICON NM 750/44.

-Producción neta anual estimada: 77.682 MWh/ano.

-Orzamento total: 19.770.404,22 euros.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de xeración, transformación e interconexión:

-30 aeroxeradores tipo NEG-MICON NM 750/44 de 750 kW de potencia nominal unitaria.

-30 centros de transformación de 1.000 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/20 kV, instalados unitariamente no interior de torre de aeroxerador coa súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxías a 20 kV, de interconexión entre centros de transformación e centros de recolla de media tensión.

-6 centros de recolla de media tensión para optimización de transporte de enerxía dotados cada un de transformador para servicios auxiliares e da súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre centros de transformación e subestación transformadora 20/132 kV.

-Subestación transformadora 20/132 kV para evacuación de enerxía producida no parque eólico de Álabe-Ventoada, composta por un transformador principal 20/132 kV de 25/27 MVA ONAN/ONAF de potencia nominal e un transformador para ser

vicios auxiliares 20/0,38 kV de 100 kVA de potencia nominal cos correspondentes equipamentos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

Afección a predios particulares:

S.E.: superficie de expropiación de pleno dominio dos terreos afectados.

S.P.: servidume de paso que implica a construcción de camiños e canalizacións subterráneas coas seguintes limitacións de dominio permanentes:

-Dereitos de libre paso ou acceso de persoal e equipos para a construcción, montaxe, supervisión e vixilancia, conservación ou reparación das instalacións.

-Servidume de paso subterráneo comprendendo a ocupación do subsolo polas liñas eléctricas soterradas aloxadas en gabias.

-Prohibición de efectuar remoción do terreo ou calquera tipo de obras ou actos que poidan danar ou prexudica-los camiños e instalacións.

S.V.: servidume de voo das pas dos aeroxeradores.

P.E.: superficie de protección eólica afectada pola seguinte limitación de dominio:

-Prohibición de situar obstáculos de altura superior a 10 m (construccións, arborado, postes ou outros).

O.T.: ocupación temporal dos terreos durante un prazo de 18 meses.

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e demais titulares afectados que non chegaron a un acordo coa entidade solicitante, e que figuran na relación que se insire como anexo deste anuncio, así como as persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados fosen omitidos, para que poidan examina-lo proxecto e presenta-las obxeccións ou alegacións que consideren oportunas, nesta delegación provincial sita no edificio administrativo, Ronda da Muralla, 70, 27071 Lugo, no prazo de 30 días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Así mesmo, o estudio ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico Álabe-Ventoada, poderase examinar nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Lugo, e Concello de Muras, podendo presentarse cantas alegacións se consideren pertinentes ante esta Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior. Finalizado o devandito prazo, o expediente, xunto coas alegacións recibidas, remitiranse á Dirección Xeral de Calidad e Avaliación Ambiental.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar ou o medio de noti

ficación, ou ben, intentada a notificación non se puidese realizar.

Lugo, 4 de abril de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Proxecto modificado do parque eólico Álabe-Ventoada (Concello de Muras)

PredioPropietarioAfección (m)

Nº no

plano

Usos do solo

Lugar

Nome

Enderezo

S.E.

S.P.

S.V.

P.E.

O.T.

6Monte baixoTalmante

Xabarido

Descoñecido7.76029.97014.67034.57020.400

16Monte baixoO CasteloAsesoramiento y Comercialización,

Marpu, S.L.

Praza Manuel Gómez Moreno, s/n, Edificio Bronce planta 4ª, 28020 Madrid220170

17Monte baixoO CasteloAsesoramiento y Comercialización,

Marpu, S.L.

Praza Manuel Gómez Moreno, s/n, Edificio Bronce planta 4ª, 28020 Madrid4.3706.8504.86024.1007.560

75Camiño existenteDescoñecido10080

S.E.: superficie expropiación. S.P.: servidume paso. S.V.: superficie de voo. P.T.: superficie protección eólica. O.T.: ocupación temporal.