Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 24 de abril de 2002 Páx. 5.722

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (974/2000).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña,

Fago saber: que nos autos número 974/2000 seguidos por instancia de Mútua Gallega contra José Manuel Castro Busto e outros, sobre accidente, a maxistrada-xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data 15-1-2002, coa seguinte parte dispositiva:

«Que desestimando a demanda interposta pola representación da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, o Servicio Galego de Saúde, José Manuel Castro Busto e a empresa Construcciones Emilcam, S.L., debo absolver e absolvo a estes demandados dos pedimentos contidos na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que, contra a referida sentencia, cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciarse perante este xulgado no prazo de cinco días contados desde a notificación desta resolución, e no propio termo se o recorrente fose patrón, deberá amosar xustificante acreditativo de ter feito o depósito na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao-Vizcaya, da cantidade obxecto da condena, identificador 5602-60, e o depósito especial de 25.000 pesetas, na mesma conta, identificador 5602-65, requisitos sen os cales non poderá terse por anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Construcciones Emilcam, S.L., que tivo o seu último enderezo coñecido en avda. Fisterra, 268, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, 21 de marzo de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado